20 de Maio de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O alcalde de Ribadeo está disposto a entregar o edificio máis emblemático da vila, auténtico DNI local do pobo ribadense por un prato de lentellas, di Marta Rey

15-05-19

 Ribadeo 15-5-19. O alcalde de Ribadeo está disposto a entregar o edificio máis emblemático da vila, auténtico DNI local do pobo ribadense por un prato de lentellas, di Marta Rey
O noso alcalde, suposto abanderado da herdanza indiana, está decidido, alegando motivos de seguridade a permutar a propiedade municipal na Torre dos Moreno por un edificio insignificante dentro do patrimonio que posue Ribadeo, pero dende o PSOE… preguntamonos:
Primeiro, ¿ten o alcalde a seguridade de que se vai a cumplir ese Convenio? ¿Existe alguna clausula que facilite a renuncia ó cumprimento da devandita permuta? Si a Torre está en perigro ¿De qué plazo de execución das obras estamos a falar?
Segundo ¿Qué ten pensado o alcalde facer co actual edificio que aloxa o Xulgado de Paz? ¿Deixar que caiga? ¿Esperar a que alguna administración coa que non existe relación algunha, asuma a rehabilitación doutro edificio histórico do casco vello?
Terceiro . Na negociación do Convenio que se nos anuncia, en plena campaña electoral, como moi beneficioso para os ribadenses, ¿están comprendidos os posibles desaxustes ecónomicos en canto a ocupación da vía pública pola empresa adxudicataria?

En resumen, ¿A qué espera o alcalde para dar a coñecer aos ribadenses en detalle, en qué consiste tan lucrativo convenio?
Non sería máis prudente esperar a formación da nova corporación para resolver este asunto?

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive