Cervo, 16 de maio de 2019. O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Dolores García Caramés, o investigador e profesor da UNED, José María Leal, e o graduado en historia pola USC, Adrián Cao, presentaron este mediodía as xornadas de historia “Cervo a Carón do Patrimonio”, organizadas polo Concello de Cervo en colaboración coa Universidade de Santiago, e que terán lugar o 19 e 20 de xullo, en escenarios do noso municipio como a Casa do Mar de San Ciprián ou o Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos.
Tal e como explicou Villares, “vemos nesta colaboración unha oportunidade única para poñer en valor todos todo ese rico patrimonio, de sacalo á luz para que que toda a veciñanza poida entrar tamén en contacto co noso pasado”.
As xornadas contarán coa participación de relatores de primeiro nivel como o Catedrático de Historia das Institucións Económicas da USC, Xoan Carmona Badía; o Doutor e profesor de Historia Contemporánea da USC, Lourenzo Fernández Prieto; o profesor da USC e investigador do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, Carlos Andrés González Paz; a profesora de CC.SS. da Xunta de Galicia, Herminia Pernas; a experta en xestión do Patrimonio Cultural, licenciada en Xeografía e Historia e conservadora do Museo Provincial de Lugo, Silvia Fiallega; o profesor de filoloxia, escritor, poeta e dramaturgo, Paco Rivas; o conservador do Centro de Interpretación do Camiño de Mondoñedo e licenciado en Xeografía e Historia, Juan Ramón Fernández Pacios; o profesor da UNED e investigador do Grupo de Pesca da USC, José María Leal Bóveda; e o graduado en Historia da USC, Adrián Cao.
O venres, 19 de xullo, ás 10:00 horas, está prevista a inauguración das xornadas; e ao longo dese día haberá charlas divulgativas complementadas con diferentes roteiros por San Ciprián; con escenarios como a Ponte Románica, o Museo do Mar, as antigas fábricas de Salgadura ou o Faro de San Ciprián.
O domingo, 20 de xullo, tamén están previstas diferentes relatorios con saídas de campo que pertitirán aos participantes a coñecer un pouco más sobre a historia do Complexo Industrial de Sargadelos. Ese mesmo día, ás 20:00 horas, será a clausura da actividade.
Leal afondou no contido das xornadas divulgativas nas que “abarcaremos todas as épocas históricas relacionadas co noso territorio, dende o desenvolvemento dos portos na Idade Media ata a conflitividade social, sen esquecer a historia do Complexo Industrial de Sargadelos, a visión da muller e os traballos que desempeñou na sociedade mariñeira; os ataques corsarios nas nosas costas e as defensas litorais; ou a fraseoloxía mariñeira, entre outras temáticas”.
Tal e como apuntou Caramés “estas xornadas nacen co obxectivo de consolidarse no tempo, pretendemos que sexa unha data marcada no calendario, que nos permita sumerxirnos en interesantes etapas da nosa historia que descoñecemos”.
As charlas, que son gratuítas, están dirixidas a todas as persoas que teñan curiosidade pola nosa historia e desexen enriquecer os seus coñecementos sobre o noso Patrimonio.
Os interesados poden inscribirse e recibir información no teléfono 982595157 ou no correo casadacultura@concellodecervo.com.





















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



