23 de Xullo de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Pablo Maseda continúa como presidente das ED Lourenzá outros 4 anos

09-05-19

 Lourenzá 9-5-19. Pablo Maseda continuará catro anos máis ó fronte do club nunha directiva que incrementa o número de persoas pasando de 15 a 26 compoñentes e que irá repartindo as tarefas de traballo a partir deste momento en vindeiras xuntanzas. Comenzará a vindeira tempada o 9º ano de mandato consecutivo.
De momento o presidente fixo toma de posesión do novo cargo e traballará co seu grupo na vindeira clausura das Escolas que será o sábado 25 de maio.
Como vicepresidente incorpórase Miguel Ángel Gavín Sánchez e seguen Oscar González Docampo como secretario e José García Sante como tesoureiro.
Xogadores do primeiro equipo de fútbol incorpóranse ó grupo de traballo (Montxo, Roi, Jorge, Recalde, Noé, Garrafín… ) ou exxogadores como Chicho, Dani Rego, Felipe e Omar, admais de adestradores das distintas seccións como Mariano De La Torre ou Juan Luís Méndez. Completan o equipo a maioría dos membros da directiva saínte.
Un grupo moi amplo e con gañas de seguir traballando na misma liña de continuidade polo deporte de Lourenzá.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive