Lugo, 11 de xuño de 2019.- A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, pediu hoxe unha maior implicación social na loita contra a violencia machista, xa que “non caben a indiferenza ou a pasividades, a única resposta digna contra esta lacra é a protección da vítima e a denuncia contra o agresor” e destacou que actualmente o sistema VIOGEN de seguimento das vítimas ten 478 casos activos na provincia de Lugo, 2 deles de risco alto.
A subdelegada deu estes datos na presentación do estudo “O impacto da violencia de xénero en España: unha avaliación dos seus custes en 2016”, elaborado pola Delegación do Goberno para a Violencia de Xénero, que correu a cargo da responsable da área de Igualdade e a xefa da Unidade de Violencia de Xénero da Delegación do Goberno en Galicia, María Debén e Enmanuela Díaz, respectivamente. Ao acto asistiron a alcaldesa de Lugo e os rexedores municipais de Monforte e Xermade, así como representantes da Xunta e a Deputación, o presidente e o fiscal xefe da Audiencia Provincial, o coronel xefe da Garda Civil e o comisario xefe da provincia, entre outras autoridades, así como representantes de distintos colectivos sociais e entidades cidadás.
Isabel Rodríguez manifestou que “este é un dos problemas máis graves ao que lle temos que facer fronte, como reflicten as estatísticas da Delegación do Goberno para a Violencia de Xénero” e informou de que nos catro primeiros meses do ano, a Garda Civil e a Policía Nacional rexistraron na nosa provincia 104 denuncias por violencia de xénero. Ademais, a 30 de abril había 34 usuarias activas do sistema de protección ATENPRO e 4 dispositivos electrónicos de seguimento operativos. E, entre xaneiro e marzo, 90 mulleres lucenses vítimas de violencia de xénero eran perceptoras dunha renda activa de inserción.
“Todos estes datos, referidos só a provincia de Lugo, retratan a impresionante dimensión dun fenómeno ao que toda a sociedade lle debe plantar cara”, indicou a subdelegada. Por iso, explicou, “o Goberno de Pedro Sánchez deulle prioridade absoluta” e nestes meses, ademais de devolverlle as competencias aos concellos, “fomentamos a súa implicación nesta loita e logramos, en menos dun ano, a creación de 3 novas Mesas locais de coordinación noutros tantos concellos e avanzamos con outros 5 concellos para que as súas policías locais axuden a dar protección ás vítimas”.
O CUSTE ECONÓMICO
Pola súa parte, a responsable de Igualdade e a xefa da Unidade de Violencia de Xénero da Delegación do Goberno destacaron os abrumadores datos que pon de manifesto o estudo do impacto da violencia de xénero en España, que cifra en ata 8.540 millóns de euros o custe da violencia machista para a sociedade. No apartado de custe intanxible, o estudo indica que pode chegar a outros 14.800 millóns de euros, na estimación menos conservadora.
“Estamos falando dunha cantidade total aproximada duns 23.000 millóns de euros ao ano, é dicir que a cada español a violencia de xénero suponlle un custe anual de 499 euros”, remarcou María Debén e explicou que o gasto anual que se calcula para a provincia de Lugo é de 165.617millóns de euros.
A Unión Europea estima, como promedio, nun 0,8 por cento do Produto Interior Bruto o custe da violencia de xénero en cada estado do continente.

























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



