22 de Agosto de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O 16 de xuño rematará a nova campaña de fidelización de Acisa que se iniciou a principios deste mes. En xogo estará unha paga extra de 300 euros en vales de compra

11-06-19

 Ribadeo, 11 de xuño de 2019. O 16 de xuño remata a nova campaña de fidelización que Acisa está a levar adiante desde principios de este mes e coa que porá en xogo unha paga extra de 300 euros. O slogan elixido foi Acisa Quérete.
Aquelas persoas que realicen as súas compras nos locais asociados a Acisa do 1 ao 16 de xuño obterán as papeletas que lles permitirán entrar no sorteo desa paga extra de 300 euros. A que coincida co número da ONCE do 16 de xuño será a agraciada con ese premio en vales de compra de Acisa Ribadeo. A persoa afortunada terá ata o 21 de xuño para reclamar o seu premio e acreditalo presentando a papeleta correspondente.
Francisco Iriarte, o presidente de Acisa, explica que “o que pretendemos con esta nova campaña é incrementar e premiar a fidelidade da clientela do comercio de Ribadeo. Seguimos a ser un referente en toda a contorna polas tendas que temos, polos produtos que ofertamos e polo trato que dispensamos. Temos que traballar para seguir mellorando os servizos que ofrecemos desde Ribadeo e queremos ter un detalle, esa paga extra, con esa xente de Ribadeo e de moitas localidades próximas que nos é fiel desde hai moitos anos e que non nos cambia por nada. Á clientela hai que coidala e premiala, na medida das nosas posibilidades”.
O xerente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos, Jesús Pérez, anima “á xente a realizar as súas compras no comercio que ten a carón da súa casa, aquí en Ribadeo, ata o 16 de xuño. Que merquen, que pidan as papeletas e que o 16 de xuño estean pendentes do sorteo da ONCE. Logo terán cinco días para poder reclamar o seu premio”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive