21 de Xullo de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A Confraría de pescadores de Burela acolle a presentación dun cupón da Once adicado ao polbo

12-07-19

Burela 12-7-19. Basilio Otero Rodríguez, presidente da Federación Nacional de Confrarías de Pescadores, da Federación Provincial de Lugo e Patrón Maior de Burela, e Manuel Martínez Pan, delegado territorial da ONCE en Galicia, presentarán este luns a imaxe dun cupón adicado ao polbo. Este diseño será o primeiro dunha serie de cupóns adicados a catro especies
mariñas da frota artesanal, froito dun acordo entre a Federación Nacional de Confrarías de Pescadores e a ONCE para promover o seu consumo.
O acto terá lugar o luns 15 de xullo ás 12 horas na sede da Federación de Confrarías de Pescadores de Lugo, no Porto de Burela, e contará tamén coa presenza do alcalde de Burela, Alfredo Llano, do delegado provincial da Consellería do Mar, Pablo Fernández Asensio e da directora da ONCE en Lugo, Eva Lorente.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive