21 de Xullo de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A internacional lusa Jennifer Santos Rodrigues cumprirá o seu terceiro exercicio de laranxa, na aposta do Pescados Rubén Burela FS por conservar a filosofía e o bloque das Raíñas

12-07-19

Jenny incorporouse á escuadra mariñá como reforzo en marzo de 2018 desde o Pescara italiano, integrándose á perfección ao bloque e á liga española. Na tempada pasada, a 9 burelista compatibilizou a elástica laranxa cos seus compromisos coa Selección Portuguesa, coa que alzou o título de subcampioa da Eurocopa e campioa do Torneo 9 de Maio de Moscova. A ala lusa, de 26 anos, convértese na undécima peza deste gran vestiario, con Peque, Dany, Ana Romero, Cilene, Bea Mateos, Luci, Jozi e Lara Balseiro, ademais de Ale de Paz e Jenny Lores.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive