21 de Xullo de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A subdelegada do Goberno comprométese co alcalde de Foz a impulsar a mellora do tráfico e a seguridade na N-642

12-07-19

 Foz, 12 de xullo de 2019.- A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, comprometeuse co alcalde de Foz, Francisco Cajoto, a impulsar a mellora do tráfico e a seguridade viaria na estrada N-642 ao seu paso por este municipio. Éste foi un dos asuntos que trataron Isabel Rodríguez e Francisco Cajoto durante a primeira xuntanza que mantivo a subdelegada co novo alcalde de Foz, con quen se entrevistou na Casa do Concello.

Na entrevista, o alcalde pediulle á subdelegada que lle dea un pulo ao vello proxecto de creación de dúas glorietas nesta estrada que permitan mellorar o tráfico en dúas interseccións desta estrada, concretamente as situadas nos puntos kilométricos 39+910 e 40+970. Desta maneira conseguirase un mellor acceso aos barrios de Ribela e Gralleira da parroquia de Cangas e melloraríase a seguridade viaria no cruce coa estrada a Ferreira (LU-162).

Logo da xuntanza, a subdelegada anunciou que se interesará polo estado dun proxecto que o alcalde considera moi importante xa que a creación das dúas rotondas permitirá axilizar a circulación pola N-642 ao seu paso por Foz, así como mellorar a seguridade viaria nestes dous cruces.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive