Josep Borrell ten unha traxectoria controvertida, como político e como cidadán. Tivo que demitir como candidato do PSOE ao goberno do Estado no 1999 por mor da súa culpa in eligendo e grande proximidade persoal a respecto do corrupto Josep María Huguet (inspector-xefe da facenda estatal en Catalunya canda Borrell secretario de estado de facenda), condenado a case sete anos de cárcere por varios importantes subornos. No 2012 tivo de demitir como director do Instituto Universitario Europeo da inmortal Firence ao se descobrir que percebía 300.000 €/ano como conselleiro de Abengoa, retribución incompatíbel co aquel seu cargo. En novembro de 2018 foi sancionado pola Comisión do Mercado de Valores (CNMV) con 30.000 € de multa (sanción definitiva, ao non a recorrer xudicialmente en tempo) por usar información privilexiada cando vendeu accións da súa antiga dona antes da perda de valor da enerxética andaluza.
Agora a Avogacía do Estado ven de recorrer no Tribunal Superior de Xustiza de Catalunya a reapertura das oficinas exteriores da Generalitat en Londres, Xenebra e Berlín, por seica destinar recursos e actividades para difundir as teses “independentistas”. E para alicerzar esta reclamación achegáronse dados e documentos “reservados” obtidos a medio da ilegal espionaxe ao persoal desas oficinas.
O máis grave, dende a perspectiva global europea, é que esta espionaxe atinxiu persoas alleas ao Goberno catalán. No Reino Unido ao deputado en Westminster (MP) galés do Plaid Cymru , Hywell Williams e a outros MP da Comisión do Parlamento de Westminster que estuda a cuestión de Catalunya. Mesmo semella que poderían estar entre as persoas espiadas o presidente da Cámara dos Comúns, John Bercow e mesmo á first minister escocesa Nicola Stugeon.
O asunto vai ter un longo percorrido, pois que só se coñece unha mínima parte do que sucedeu. Mais o que fica claro é que un ministro do Goberno do Estado espiou ou autorizou actividades ilegais de espionaxe a respecto doutros servidores públicos no exercicio das súas funcións e tamén a respecto de gobernantes e deputados doutros Estados europeos.
Hai motivos abondo para que Borrell non prorrogara nin un só día máis o seu mandato ministerial en funcions e renunciase axiña á dirección da política exterior europea para a que ven de ser cooptado polo Consello Europeo. Porque encomendarlle a diplomacia europea a un político desta caste é tanto como pór ao raposo ter conta das pitas.



















Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



