16 de Setembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Misa polos falecidos no mar en Celeiro

10-07-19

O venres 12 de Xullo, as 21,00 horas, está previsto que se celebre na praza do náufrago de Celeiro a misa anual por tódolos facelidos no mar, lembrando a data do acontecimento da galerna do ano 1961 na que se afundiron 3 embarcacións do porto de Celeiro, o Badiola, o Todos los Santos e o Mari Loly Grela, e o Santa Lucía con base en Espasante, cun balance de trinta victimas mortais, dos cales vintenove desapareceron no Cantábrico.
Dende o ano 1995 data en que se inagurou a praza en memoria das xentes do mar, a comisión pro-monumento ao náufrago organiza este acto. A celebración eucarística estará presidida polo párroco de Celeiro D. Juán Novo Gabeiras e armonizada polo grupo Sons de Celeiro.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive