Lugo, 10 de xullo de 2019. Aberto o prazo de inscrición para participar no Curso de Capacitación do Sector do Transporte, posto en marcha polo Executivo Provincial e a Asociación Empresarial Transportes Río Miño de Lugo (AETRAM). A través desta iniciativa, que conta con 15 prazas, desempregados lucenses recibirán a formación necesaria, de xeito gratuíto, para capacitarse como condutores profesionais no sector do transporte.
Os interesados poderán formalizar a súa inscrición ata o vindeiro 30 de xullo a través da axencia de colocación e deberán contar cos seguintes requisitos: ser maiores de 21 anos; estar en situación de desemprego e contar co permiso de conducir B.
O curso de capacitación para a formación integral de condutores profesionais, comezará o vindeiro mes de setembro e contará con 430 horas de formación. Os participantes recibirán a formación teórica e práctica necesaria para acadar os seguintes permisos: CAP; Permiso C; Permiso E; e Mercadorías Perigosas.
Para máis información e inscricións os interesados poden consultar o seguinte enlace: https://deputacionlugo.portalemp.com/
Formación gratuíta
Esta liña de formación e xeración de emprego que ofrece o Goberno da Deputación busca dar resposta ás demandas das empresas que pertencen ao sector do transporte. O Goberno Provincial decidiu pór en marcha esta programación en base a unha necesidade real do sector, co fin de conseguir incrementar o número de traballadores formados e crear emprego no rural. Este é o cuarto curso de capacitación que pon en marcha o Executivo Provincial, nos que xa se formaron máis de 50 desempregados lucenses no ámbito forestal e agrogandeiro.
























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



