Cervo, 10 de xullo de 2019.- O Concello de Cervo está a colaborar estes días coa dirección do CEIP de Cervo na retirada e traslado de diferente material informático e deportivo ante o inminente comezo das obras de rehabilitación integral do centro.
O rexedor, que se achegou ata o centro en compañía da concelleira de Obras e Infraestruturas, Mali Méndez, quixo reiterar o seu agradecemento á Consellería de Educación da Xunta de Galicia por esta importantísima actuación para a que destina preto dun millón de euros (943.380,87 euros concretamente), “que permitirá a toda a Comunidade Educativa desfrutar dun centro moderno cunha instalacións completamente renovadas que redundará tamén na mellora do servizo que se presta desde o ano 1983 cando foi inaugurado o centro”
En concreto, actuarase na carpintería exterior e interior (fiestras, portas, persianas), mellorarase o illamento das fachadas e executaranse traballos de albanelería; substituiranse as luminarias existentes por outras de baixo consumo con regulación lumínica e detectores de presenza, incidindo na mellora da eficiencia enerxética coa instalación tamén dunha nova caldeira de biomasa. Ademais, están previstos traballos xerais de acondicionamento interior (falsos teitos, reparación de tabiques, pintado de aulas, novo sistema eléctrico). O proxecto tamén inclúe a instalación dun ascensor para 8 persoas (ata o de agora non había) co que se incidirá na mellora da accesibilidade e a renovación dos aseos, entre outras actuacións.
























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



