12 de Decembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Regalxunqueira e Regal Cerámica, organizan a partir do luns 15 de Xullo, visitas guiadas ó Complexo. A visita inclue a proxección dun audiovisual sobre a historia do recinto e de Regal Cerámicas, visita á sala de exposicións, o museo da cerámica o museo do coiro, bosque das esculturas, galería de artistas invitados, obradoiros de Regal Cerámicas e taller de decoración

11-07-19

Seran dúas visitas diarias, todos os días agás os domingos, unha ás 11,00 h e outra ás 17,00 h, e a súa duración será de dúas horas. A cada visitante cobraráselle 5 €, que se lle descontarán en calquera compra que se realice na tenda de Regalxunqueira (os nenos menores de 10 anos, terán entrada gratuíta). Pódese facer a reserva na Oficina de Turismo de Viveiro, na tenda de Regal de Viveiro, na Praza Fontenova ou ben a través do correo: cerámica@oteroregal.com, ou do teléfono 982 56 25 89.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive