25 de Agosto de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Recepción a Dani García na campaña “Foz cos novos valores”

14-08-19

 Foz, 14 de agosto, 2019. O Concello de Foz recibe ao xoven tenista Dani García e estrena a campaña “Foz cos Novos Valores”.
O alcalde focense Fran Cajoto xunto á concelleira de Deporte, Gemma Leivas e ao concelleiro de Relacións Intitucionais, Carlos García mantiveron un encontro co xoven campeón focense.
Dani García que conta con tan só 14 anos de idade e ven de proclamarse campeón galego de dobles posúe un palmarés repleto de logros moitos deles en categorías superiores.
Un talento tenístico de primeiro nivel que en base ao sacrificio persoal e ao da súa familia superou moitas barreiras para forxar os seus primeiros éxitos deportivos. Fines de semanaa de 2000 kilometros para participar en dous torneos simultaneamente, estancias en campus dun top10 da ATP ou ser membro do combinado galego vencendo a talentos que logo resultaron campeóns no mesmo Condé de Godó junior son logros deste xoven focense.a
A campaña “Foz cos novos valores” ten como finalidade a promoción dos valores, encarnalos, dotalos de boas historias e que mellor maneira de facelo que dende o noso. Dende a xuventude focense e dende tódalas disciplinas culturais, artísticas, deportivas… unha aposta firme e determinada por dotar de exemplos aos xóvenes de constancia, compañeirismo, fraternidade, respeto polo adversario, e de que a vida moitas veces é intentalo unha vez máis.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive