15 de Setembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Do 16 ao 30 de setembro estará aberto o prazo de inscrición nas escolas deportivas do Concello de Ribadeo para a tempada 2019/20. En total ofértanse 12 modalidades

11-09-19

 Ribadeo, 11 de setembro de 2019. Do 16 ao 30 de setembro estará aberto o prazo de inscrición nas Escolas Deportivas do Concello de Ribadeo para tempada 2019/20. En total son 12 as modalidades ofertadas. O pagamento da matrícula, 60 euros por escola, poderá facerse ata o 15 de outubro. A nova edición das Escolas foi presentada hoxe polo concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, e polo técnico municipal de Deportes, Iván López.
As modalidades deportivas que se impartirán son atletismo, baloncesto, fútbol, fútbol sala, hoquei liña, natación, pádel, patinaxe, rugbi, tenis, tenis de mesa e ximnasia rítmica. O inicio das escolas terá lugar entre o 16 de setembro e o 15 de outubro e o remate será entre o 16 de maio e o 15 de xuño. Están destinadas a nenas e nenos nados entre os anos 2006 e 2015. Nas escolas con límite de prazas realizarase un sorteo entre os inscritos o 2 de outubro, “tendo preferencia as/os empadroadas/os ou escolarizadas/os en Ribadeo”.
A terá que realizarse na Casa da Xuventude, sita na rúa Antonio Otero, 15, de luns a venres en horarios de 9 a 14 horas e os martes e os xoves tamén pola tarde de 16 a 19 horas. As persoas interesadas en obter máis información poden solicitala a través do seguinte número de teléfono: 982 129 889, no correo deportes@ribadeo.org ou na páxina de facebook de Deportes Ribadeo.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive