26 de Setembro de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Iniciáronse as negociacións entre os grupos municipais do PSOE e do BNG do Valadouro co obxectivo de reeditar un goberno de progreso semellante ao do mandato anterior

16-09-19

O Valadouro, 16 de setembro, 2019. A petición do grupo encabezado polo alcalde Edmundo Maseda, os nacionalistas aceptaron participar nas negociacións que deron comezo este 16 de setembro.
Desde o BNG local salientan que acuden a este encontro coa mellor intención, e coa vontade de constituír un goberno progresista que continúe o labor comezado no período 2015-2019, anos en que o municipio experimentou un considerable avance en determinados ámbitos.
Con espíritu positivo, os dous concelleiros nacionalistas propuxeron empezar desde cero a presente negociación, pois consideran que este é o mellor xeito de iniciar o proceso que saque ao Valadouro da prexuducial situación actual.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive