24 de Outubro de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O Concello de Viveiro instalará unha gran pantalla na praza maior para ver este martes a final de 800m na que participa Adrián Ben

30-09-19

 Viveiro, 30 de outubro de 2019. Dende o Concello de Viveiro queremos, en primeiro lugar, felicitar a Adrián Ben polo grande traballo que está a realizar no Mundial de Atletismo Doha 2019, no que conseguiu pasar á final con só 21 anos e na que logrou batir un récord histórico a nivel nacional.

Adrián é un exemplo de traballo, esforzo e dedicación; un grande atleta de grande calidade humana; un deportista que non deixa de sorprendernos e que conseguiu que o nome de Viveiro se escoitase nos Mundiais de Atletismo.

Mañá, ás 21:00 horas (hora local), disputará a final de 800 metros e o concello vai instalar unha gran pantalla na Praza Maior para que todos os veciños que o desexen poidan animar a Adrián e disfrutar dun momento histórico. A pantalla, que estará emitindo dende as 20:00 horas, será trasladada á sala multiusos da casa do concello no caso de chuvia.

Animamos, pois, a que todos os veciños e veciñas que o desexen se acheguen á Praza Maior para acompañar a Adrián neste momento único.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive