Lugo, 10 de outubro de 2019. A Deputación de Lugo formará parte da Comisión Executiva do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade tras a renovación deste órgano para o período 2019-2023 que se produciu durante unha asemblea xeral celebrada este xoves na Cidade da Cultura de Santiago coa presenza de representantes duns 40 concellos galegos. A Deputada de Muller e Igualdade, María Loureiro, integrará a Executiva desta entidade que, recoñecida como axencia municipal de cooperación galega, está formada por 97 municipios e polas catro deputacións galegas. Dende a súa fundación en 1997, o Fondo Galego ten desenvolvido máis de 150 proxectos en preto de 30 países e promove numerosas actividades e materiais en relación aos desequilibrios Norte-Sur.
O Concello de Nigrán preside de novo esta organización na persoa do Alcalde, Juan González, mentres que a Vicepresidencia é para a concelleira de San Sadurniño Ana Breixo e a Tesourería para o concelleiro de Cartelle Daniel Fernández Carril. As vogalías corresponden aos concellos de Oleiros, Santiago de Compostela, Ames, Moraña e Deputación de Lugo, concretamente nas figuras das edís Marga Figueroa, Milagros Castro, Luísa Feijóo, a Alcaldesa Luisa Piñeiro e a Deputada María Loureiro, respectivamente. A Secretaría continuará exercéndoa o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI), impulsor da iniciativa nos anos 90.






















Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



