21 de Outubro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A Rítmica de Viveiro logra o bronce no campionato galego base

07-10-19

 Viveiro, 7 de outubro, 2019. O conxunto benxamín composto por Icía Mariño, Ángela Martínez, Adriana Pérez, Ruth Palmeiro, Icía Lage e Martina Collazo (de esquerda a dereita na fotografía) competiron este domingo no Campionato Galego Base en Ourense. Esta actuación supuxo a súa estrea oficial con aparatos, en concreto con cinco pelotas, tras os éxitos que viñeron colleitando en tempadas anteriores nos seus exercicios con mans libres.
As viveirenses xa conseguiron en 2018 o terceiro posto no campionato prebenxamín organizado na localidade pontevedresa de Marín, ascendendo así de Escolar a Promoción. Na súa estrea no nivel de Promoción lograron alzarse coa medalla de prata no Galego da categoría benxamín, tras proclamárense previamente campioas provinciais de Lugo. O subcampionato autonómico conseguido o pasado mes de xuño abriulles a porta ao nivel Base, no que compiten actualmente.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive