Cervo, 18 de outubro.- O Concello de Cervo está a construír estes días unha beirarrúa de 1,65 metros de anchura que conecta todo o Polígono de Cuíña.
O alcalde, Alfonso Villares, e a edil de Obras, Mali Méndez, supervisaron a actuación que ten un prazo de execución de 3 meses e que conta cun orzamento total que ascende a 150.000 euros, o 70% procedente da Xunta de Galicia, a través do programa de axudas de Mellora de Infraestruturas dos Parques Empresariais da Consellería de Industria.
Villares destacou a importancia desta obra que executamos nunha zona con gran afluencia de viandantes e que ata o momento carecía de espazos diferenciados para os peóns nese tramo que abrangue medio quilómetro de lonxitude “polo que con esta actuación, que enlazará todo o polígono, melloramos substancialmente á seguridade, favorecendo a convivencia do tráfico rodado e dos viandantes”.
O investimento inclúe, ademais da execución desta beirarrúa na Avenida da Veiga, a instalación do tendido eléctrico, o aglomerado do aparcadoiro do IES Marqués de Sargadelos e a reposición do firme diante do Centro de Día Residencia.





















Este venres celebrouse un acto de promoción da Festa do Melindre no marco do Certame de Baristas que se está a desenvolver estes días en Foz.
Será cunha obra do grupo Andanzas, de Viveiro, chamada Los Hombres "no" mienten. Unha comedia en castelán para adultos que seguro fará sorrir ao público. Entrada gratuita.
A reforma reforza o sistema de calefacción e auga quente e busca mellorar a eficiencia enerxética. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destaca que, aínda que non é unha obra visible, é esencial para garantir o funcionamento seguro e continuo do centro.
Polo espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falou coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda; co coordinador do evento, José Ríos; con Patricia Díaz, que é alumna de 2º de Servizos de Ciclo Medio e concursante no XIII Campionato de Catas de Café; e con Alejandro Rodríguez e Luis López, responsables do tostadeiro Coffee Urban. O XVIII Campionato Internacional de Baristas e o XIII Campionato Internacional de Catas de Café seguen no IES de Foz ata o venres.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.



