28 de Novembro de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Os populares analizan “o ataque directo” do Goberno á estrutura industrial da provincia

29-10-19

Vilalba, 29 de outubro, 2019. Os populares analizaron este martes en Vilalba “o ataque directo” do Goberno á estrutura industrial da provincia. Foi durante o encontro mantido esta mañá con empresarios dos sectores servizos, enerxético e agrogandeiro, celebrado na localidade chairega e no que participaron o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, a presidenta provincial, Elena Candia, e os candidatos ao Congreso e ao Senado, José Manuel Barreiro e Joaquín García Díez, ademais doutros cargos orgánicos do PP como José Manuel Balseiro ou o voceiro local, Agustín Baamonde.

Na súa intervención, José Manuel Barreiro e Elena Candia lamentaron que, na situación económica e política actual, palabras como “incertidume estean permanentemente asociadas á industria e ao emprego”. Referíronse así á grave situación que atravesan empresas tan importantes para Lugo e esta comarca, como son Endesa e Alcoa San Cibrao.

Os populares trasladaron aos asistentes que as ameazas de peche están motivadas pola inacción do Goberno; algo que non entenden, sobre todo, cando hoxe o propio presidente de Alcoa manifestada nun medio de comunicación que o aluminio é un produto de futuro ou que, no marco da estrutura de custes, é responsabilidade do Executivo Central axustar o prezo do quilovatio.

En canto á Endesa, advertiu Barreiro, “non hai acción correctora do Goberno”, e cualifica a resposta dos socialistas para xustificar a situación, culpando á empresa de falsear as contas, “de escusas de mal pagador”. “Non estamos en contra da descarbonización. Se o horizonte e o 2030, por que temos que ser nos os primeiros en pechar as térmicas cando temos menos capacidade que outros países como Francia ou Alemaña?”, preguntouse.

O PP, cos traballadores e a industria
Francisco Conde tamén se manifestou moi crítico coa xestión do Partido Socialista ao respecto das electrointensivas, indicando que “queren ter a medalla de ser os primeiros en pechalas”. Pola contra, apuntou que o Partido Popular está cos traballadores e coa industria, mentres que o Goberno socialista incumpriu todos os seus compromisos enerxéticos con Galicia. E por iso, apuntou, “desde o Partido Popular seguiremos defendendo a nosa industria, o noso emprego e unha transición enerxética xusta e ordenada”.

O conselleiro e deputado lucense sinalou que o Goberno de Pedro Sánchez está disposto a levarse por diante os máis de 700 postos de traballo que dependen da central de Endesa nas Pontes, e apuntou que os 150 transportistas afectados non están sós, xa que Galicia e o Partido Popular seguirán estando ao seu carón.

No tocante a Alcoa, Conde lembrou que Galicia leva un ano agardando por un Estatuto dos consumidores electrointensivos que permita á planta de San Cibrao ter un prezo eléctrico competitivo, para estar nas mesmas condicións que o resto de empresas europeas.

Así, sinalou que Galicia estaba tan cansada de agardar que “elaboramos a nosa propia proposta de Estatuto” para que a defenda o Partido Popular en Madrid.

“O PP cre no rural”
Fronte a esta política de castigo dos socialistas, Francisco Conde sinalou que o Partido Popular “cre no rural, cre en Vilalba, cre en Lugo e cre en Galicia”. E por iso, sinalou que desde a Consellería de Economía, Emprego e Industria se destinaron máis de 5M€ a Vilalba no que vai de lexislatura.

Tamén incidiu en que, desde que Alberto Núñez Feijóo é presidente da Xunta, apoiouse con máis de 43 millóns de euros aos profesionais do medio rural deste municipio.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive