17 de Novembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A Directora de Turismo de Galicia mantivo un encontro cos participantes do Fam Trip organizado polo GDR Terras de Miranda

09-11-19

 Mondoñedo, 8 de novembro de 2019. – O Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Terras de Miranda, levou a cabo dende o día 5 ao 8 de novembro a celebración dun Fam Trip no marco do proxecto “Impulso da comercialización e o posicionamento da marca Terras de Miranda- Turismo de Lugo”.
A Directora de Turismo de Galicia, Nava Castro Domínguez, asistiu ao Hotel Oca Playa de Foz para apoiar a labor do proxecto desenvolvido polo GDR 01 Terras de Miranda, uníndose ao encontro con 10 directivos de axencias de viaxe de Canarias. Tamén contouse con representación do Concello de Foz a través do Alcalde, Francisco Cajoto, e do Concelleiro de Turismo, José María Linares Rodríguez, así como co Presidente do GDR Terras e Miranda, Vidal Martínez Sierra.
Esta viaxe de familiarización tivo como obxectivo o establecemento de canles de comercialización para a captación de visitantes en tempada baixa, de cara á desestacionalización da actividade turística na Mariña Lucense. Os operadores turísticos e axencias de viaxe participantes, tiveron a oportunidade de coñecer de primeira man a riqueza cultural, natural e gastronómica da zona.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive