25 de Xaneiro de 2021

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A representación teatral ‘Golpes’ de Estíbaliz Veiga, pecha os actos da campaña contra as violencias en Alfoz

28-11-19

 Alfoz, 28 de novembro de 2019. A actriz barreirense Estíbaliz Veiga representará a peza teatral ‘Golpes’ este domingo, 1 de decembro, ás 19.00 horas no salón de actos do Centro Sociocultural de Alfoz.
‘Golpes’, onde Estíbaliz Veiga interpreta a Pamela nun moi pequeno espazo, trata sobre unha muller que padece a inxustiza da violencia machista. É un feito real, que conta a propia Pamela, que recibiu moitos GOLPES , pero o máis grande foi verse a si mesma mudada noutra persoa, por iso quere compartir as súas experiencias vitais, para que
ningunha outra muller pase por onde foi golpeada.
Trátase dun espectáculo directo, cercano, que xoga co impacto directo da posta
en escena, sen trucos dramatúrxicos ou de escenografía. Apoia só no “savoir
faire” da actriz.
Con esta representación teatral subvencionada pola Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), péchanse os actos dentro da campaña “En negro contra as violencias” á que o Concello de Alfoz sumouse un ano máis para sensibilizar contra as violencias machistas e a prol da igualdade real entre homes e mulleres.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive