Foz, 22 de novembro de 2019. O vindeiro luns, 25 de novembro, terá lugar ás 13:30 horas no salón de actos da Casa da Cultura unha Xornada sobre Dixitalización e Transformación Dixital, na que se abordarán cuestións como a dixitalización, ferramentas dixitais, e-tícket, sistema integral de xestión Sicomercio, etc., e outros temas que resulten do interese dos comerciantes neste ámbito.
Desde a directiva de ACIA/CCA de foz “consideramos que vai ser una charla moi interesante é importante porque o tícket electrónico acabará sendo obrigatorio”.
A Plataforma Dixital Centralizada E-tícket, permite aos comercios e aos seus clientes substituír o tícket tradicional impreso en papel por un sistema dixital, moderno, eficaz e fiable. Para os clientes/comercios, supón coñecer o estado e garantía das súas compras/vendas, evitando os inconvenientes do tícket tradicional fronte á súa perda ou deterioración, ademais de minimizar o uso do papel e contaminantes vinculados á impresión.
Sicomercio, é un sistema de xestión e venda para o comercio. Permite adoptar unha estratexia multicanle, competir en igualdade de condicións a outros formatos, xestionar stocks, vendas e prezos, obter estatísticas, integrarse cos principais marketplaces, coñecer a competencia, etc.
Este e outros temas abordaranse no transcurso da xornada, de grande interese para o sector comercial. A entrada é libre.

























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



