Vilalba, 22 de novembro, 2019. A dirección provincial do PP nomea á deputada autonómica Sandra Vázquez presidenta da xestora do partido en Vilalba, que rexerá a formación popular na localidade ata a convocatoria dun novo congreso. Así o trasladou a presidenta do Partido Popular da provincia de Lugo, Elena Candia, en rolda de prensa despois de manter unha reunión co comité executivo local na que o Agustín Baamonde presentou a súa renuncia como presidente.
Baamonde, que continúa a formar parte da corporación municipal e tamén da provincial, sinalou que “o cambio na dirección do PP local responde á necesidade de dar paso a outras caras á fronte do partido despois de que o Partido Popular non lograra revalidar a maioría absoluta dos últimos 40 anos en Vilalba nas últimas eleccións municipais”.
Candia sinalou que a nova xestora “abre unha nova etapa co obxectivo de reactivar a formación da vila natal de Manuel Fraga, o fundador do noso partido”. Convencida de que “o Partido Popular é o que mellor representa os intereses dos vilalbeses igual que o dos lucenses, galegos e españois”, aposta pola esta renovación co obxectivo de afianzar o proxecto do PP na capital da comarca da Terra Chá. A este respecto, recorda que a candidatura do Partido Popular ao Congreso pola nosa provincia contou con máis do 40% dos votos no municipio tanto nas pasadas eleccións xerais do mes de abril coma na última cita coas urnas do pasado 10 de novembro.
Elena Candia destacou a figura de Agustín Baamonde como “persoa de partido e, sobre todo, persoa entregada aos vilalbeses”. A ese respecto, recordou os seus 18 anos –divididos en dúas etapas- de labor á fronte do Concello de Vilalba así coma a súa profesionalidade durante o tempo no que formou parte do Parlamento de Galicia e tamén da Corporación da Deputación Provincial onde agora teño a sorte de traballar máis directamente con el en beneficio de tódolos lucenses e, particularmente, en defensa dos intereses dos chairegos e chairegas”. Un dos exemplos que citou a mandataria popular foron, precisamente, as distintas iniciativas que lidera Baamonde ante a incerteza sobre a central térmica de Endesa nas Pontes que afecta a moitos traballadores -principalmente do sector do transporte- de Vilalba e dos concellos da súa contorna”.
A máxima dirixente do PP da provincia agradece, así mesmo, o traballo e a dedicación de todas as persoas que forman e formaron parte dos Grupos Municipais do PP e que tiveron responsabilidade de goberno. E, igualmente, destaca “o compromiso e a responsabilidade que adquire hoxe Sandra Vázquez ao facerse cargo da xestora vilalbesa”. Ao mesmo tempo Candia puxo en valor “as súas ganas de traballar tanto en beneficio do partido coma dos vilalbeses e vilalbesas. Así o ten demostrado tamén nos cargos institucionais que ten ostentado durante catro anos e medio como concelleira, preto dun como senadora e tres como deputada do PP no Parlamento de Galicia”.
Esforzo, traballo e dedicación para converter ao PP nun equipo gañador en Vilalba
Vázquez, pola súa banda, quixo agradecer ao Partido Popular e, máis concretamente á presidenta provincial, por “confiar na miña persoa para afrontar este reto” para o que “conto con toda a familia do Partido Popular de Vilalba –alcaldes, concelleiros, afiliados, simpatizantes e colaboradores-”. Nese sentido, a deputada e concelleira tivo palabras de recoñecemento “ao traballo desenvolto por todos eles, moitas veces de forma desinteresada”, sinalou.
Así mesmo, a nova presidenta da comisión xestora vilalbesa apuntou “o esforzo, o traballo e a dedicación” coma os tres elementos nos que cre se basea calquera proxectos para lograr os seus obxectivos que neste caso, explicou, pasan por “converter ao PP nun equipo gañador en Vilalba”. Para iso, é preciso contar con “persoas de dilatada experiencia e tamén con xente nova que represente o sentir dos veciños e veciñas no noso municipio”. De feito, Sandra Vázquez aposta por “continuar a poñer o partido á disposición dos vilalbeses e vilalbesas”.



















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



