19 de Novembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Os socialistas afirman que o único partido que defende os intereses da Mariña é PSOE

05-11-19

 Burela, 8 de novembro de 2019. A secretaria provincial Socialista e Deputada Autonómica, Patricia Otero, xunto aos candidatos ao Congreso e ao Senado que encabezan, Ana Prieto e Cesar Mogo, participaron nunha visita ao mercado de Burela. Neste acto estiveron acompañados polo Alcalde de Burela, Alfredo Llano, ademais doutros cargos orgánicos do partido.
A secretaria provincial Socialista remarcou a importancia desta cita electoral.“ O único partido que defende os intereses da mariña é o PSOE, e faino, investindo 2,04 millóns de euros nos prototipos para paliar los efectos da néboa no tramo da A-8, ou coa iluminación da Ponte dos Santos, ou a través do Plan de conservación, con actuacións no Portiño de Morás (Xove) e en San Cibrao con 500.000 euros”, citou a modo exemplo.
“Esta mesma semana adxudicouse o novo Centro de Atención e Información da Seguridade Social de Viveiro cun investimento de 844.000 euros, tamén esta en marcha o treito Foz-Barreiros dá Autovía da Mariña (A-74), que conta cun investimento estimado de 241,4 millóns de euros, e sen esquecer a suba das pensións aos mais 116.000 lucenses. Estes son datos incontestables das constas de Pedro Sánchez na Mariña Lucense”, resumiu Otero.
“Sobre Alcoa quero que quede lanzar unha mensaxe, clara, rotunda e nítida, o Goberno de Pedro Sánchez, nunca, nunca abandonará aos traballadores e as súas familias. O PSOE segue traballando sen descanso para atopar unha solución a este problema. Xa aprobamos un investimento de 38 millóns de euros, o que supón o maior importe que deu o goberno de España a ningunha empresa en todo o país para permitir a competitividade e o impulso, fronte aos cero euros de Feijoo e do PP”, espetou Otero.
“O 10N precisamos unha maioría estable, forte e sobre todo progresista. Un Goberno socialista que aposta polo progreso. Porque non queremos retroceder en dereitos e liberdades como por exemplo poder casarse con quen un quere, interromper un embarazo ou a Memoria Histórica. Todo isto esta en xogo si as dereitas que están cabalgando a lombos da ultra dereita conseguen sumar para gobernar o noso país”, resumiu a secretaria provincial
Melloraremos as condicións sociolaborais dos traballadores do mar
Os candidatos Ana Prieto e César Mogo, aproveitaron a visita a Burela para reivindicar a política pesqueira que promoverá o PSOE. “Impulsaremos unha pesca e acuicultura sostibles, baseada no coñecemento, a innovación e a investigación científica, e fortaleceremos a viabilidade económica tanto da flota industrial como da artesanal, e melloraremos as condicións sociolaborais dos traballadores do mar”.

“O 10N temos que facer útil o noso voto votando ao PSOE, porque o voto a outras formacións políticas non vai servir para formar goberno, senón para bloquear a situación como ata agora. Esta provincia precisa dun goberno estable e progresista que contribúa seguir mellorando a calidade de vida de todos os seus veciños”, sinalaron os candidatos.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive