25 de Xaneiro de 2021

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º do CEIP Península da Paz, fixo unha visita didáctica ao Punto Limpo do Concello de Cervo

03-12-19

 Cervo, 3 de decembro, 2019. A edil de Medio Ambiente, Mali Méndez, recibiu este martes ao medio cento de nenos e nenas que fixeron un percorrido polas instalacións e coñeceron en primeira persoa como é o funcionamento destas instalacións e que tipo de residuos se poden depositar.

De feito, os rapaces trouxeron do seu centro educativo diferentes materiais para reciclar que depositaron na zona de recollida de RAEE (Residuos de Aparatos Eléctricos e Electrónicos), poñendo o seu grao de area para unha xestión ambiental responsable.

O Punto Limpo de Cervo consta de 28 contedores nos que se separan os distintos residuos segundo a súa tipoloxía. Estes residuos son recollidos por xestores autorizados que os reciclarán e valorizarán dándolles o tratamento axeitado en cada caso.

A iniciativa é un complemento ás actividades que se levaron a cabo con motivo da Semana Europea da Prevención de Residuos a finais do mes de novembro, durante a que se programaron charlas sobre as boas prácticas domésticas á hora de aproveitar os produtos, para xerar así os mínimos residuos posibles.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive