Viveiro, 2 de decembro, 2019. O Xoves 5 de decembro comeza a campaña de Nadal do Centro Comercial Histórico de Viveiro, sumándose así ó dia que o Concello inaugura o Belén e acende o alumeado de Nadal. A asociación de comerciantes un ano mais segue a apostar pola decoración das rúas para dar un ambiente o máis Navideño posible e que luzan espectaculares.
Comezará a campaña o xoves 5 ás 19:00 horas inaugurando a árbore de luces xigante instalada na Praza Maior, que se amplía uns metros mais e que alcanzará en total uns 11 metros de altura, para dar un toque aínda máis luminoso si cabe e que servirá de escenario para os “selfies” navideños. Faremos un sorteo nas redes sociais, e o que suba unha foto có selfie máis divertido gañará unha cea para 2 persoas.
As rúas respirarán aire de Nadal ca decoración de abetos naturais colocados nas entradas dos comercios, que cada un adornará votando man da imaxinación. Abetos que despois da campaña navideña prepáranse para seren replantados no Monte San Roque, dando máis vida a estes árbores. A atmosfera navideña tamén será musical, posto que as rúas estarán ambientadas con panxoliñas, grazas ó fío musical instalado nos últimos anos por todo o centro urbano e que este ano amplíase uns metros máis, pola rua Vilar Ponte.
Este ano, como novidade, lánzase un concurso de decoración navideña entre os negocios asociados. Hai dúas categorías, unha para comercios e outra para hostalaría. Premiaranse os dous locais que mellor decoración de Nadal teñan, tanto dentro dos negocios, como nas fachadas, como na orixinalidade da decoración do abeto natural que lles reparte o CCHV e que colocan nas entradas dos negocios.
Dende o día 20 ata o 24, instálase na Praza Maior a “Casita de Papá Noel” en colaboración có Concello de Viveiro, onde dende as 17:30 ata as 20:30 da tarde os nenos poderán desfrutar de Papá Noel, sacarse fotos con el e levar un montón de caramelos.
O dia 20 de decembro a casita de Papá Noel converterase na casita solidaria, onde se fará entrega a Cáritas e Dignidad Viveiro de carros de alimentos para as familias máis desfavorecidas.
O luns 23 de Decembro farase o “Nadal na Rúa” da man do Coro Tempus Fugit que encherá de música as rúas do Centro Histórico. Ó estilo do que se fai en moitos lugares europeos, nos que viven as panxoliñas en plena rúa, a agrupación percorrerá os lugares máis emblemáticos da cidade para ofrecer o seu repertorio de Nadal . Será a partir das 18:30 horas.
Para premiar a fidelidade dos clientes que ano tras ano confían e apostan polo comercio local para facer as súas compras sortearanse 6.000€ en premios. Serán inicialmente 2.000€ os que se poñan en xogo na “Ruleta do Nadal”, que se colocará os días 12, 13 e 14 na Praza Maior. Será moi sinxelo acadar premios, por cada ticket de 20€ en compras terase dereito a unha tirada e pódese gañar un premio directo.
E a partires do mércores 26 cas compras realizadas nos comercios asociados entregaranse as papeletas para entrar no sorteo de 3 soldos de 1.200€ cada un en vales de compra, repartidos ó longo dun ano, serán 100€ ó mes durante 1 ano para cada un dos 3 agraciados. O sorteo farase o 4 de xaneiro de 2020 ás 21:00 horas na Praza Maior de Viveiro, e as papeletas iranse entregando ata ese mesmo día. Este sorteo vai xa pola 8ª edición e converteuse en todo un clásico e nunha cita ineludible do Nadal… Só temos que ver como ano tras ano se abarrota a Praza Maior para tratar de acadar un dos tres fantásticos premios.
O CCHV tamén formará parte da campaña “Merca e gaña polo Nadal” da man da Deputación de Lugo e a Federación de Comercio provincial, onde se porán en xogo 10.000€ en tarxetas regalo. A forma de participar é moi sinxela, basta con sacar unha foto ó tícket de compra e subila á web www.comerciolugodixital.com. Con cada tícket unha posibilidade de gañar algunha das 20 tarxetas prepago de 300€ e 200€.
Neste mes de decembro os negocios abrirán as súas portas en algúns días festivos para que os clientes poidan realizar as súas compras navideñas no comercio local, sen ter necesidade de desprazarse. As aperturas serán os domingos 22 e 29 de decembro, e o domingo 5 de Xaneiro.
Un ano máis as rúas de Viveiro respirarán un ambiente navideño espectacular, e todos os clientes serán premiados con miles de premios e sorteos.

























A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



