13 de Xullo de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Novos programas de Mujeres en igualdad Burela

14-01-20

 Burela, 14 de xaneiro, 2020. Mujeres en Igualdad de Burela pon en marcha dous novos programas de apoio á inserción socio-laboral e de formación. Os programas están subvencionados pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia a través da Orde do 6 setembro do 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do imposto sobre a renda das persoas físicas (Código de procedemento BS623D). Estes programas son:

1.“PROGRAMA EMPREGA: FORMACIÓN, TRABALLO E IGUALDADE, A TÚA LIBERDADE”. Programa de apoio á inclusión sociolaboral e transición ao emprego.
Os servizos que ofrecemos co desenvolvemento deste programa son, entre outros, os seguintes:
·Información sobre recursos existentes, acompañamento social, orientación e asesoramento na busca activa de emprego, realización de itinerarios personalizados de inserción.
·Accións formativas de: Preparación da parte teórica para a obtención do carné de conducir tipo B.
.Atención sociosanitaria básica para persoas dependentes no seu fogar.

2. “PROGRAMA INSERTA: FORMACIÓN E EMPREGO”
Programa formativo que inclúe as seguintes accións formativas:
.Cursos de preparación para a obtención das competencias clave,
.Competencias TIC´S nivel avanzado
.Competencias TIC´S de nivel básico
.Competencias para a superación das probas da ESO.
Todas estas accións formativas serán desenroladas en todos os Concellos onde haxa demanda suficiente e que así o soliciten.

Para anotarse, dirixirse aos locais sitos na Rúa PARDO BAZAN, 12 LOCAL 3 e Rúa PARDO BAZAN, 9 (Baixos da Casa do Mar) 27880 BURELA (LUGO), nos teléfonos: 663469343-606593700-683230220 ou nos emails: empregaburela@gmal.com – insertabumei@gmail.com

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive