13 de Xullo de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O Concello de Viveiro suspende as actividades e eventos ao aire libre pola alerta laranxa meteorolóxica

14-01-20

 Viveiro, 14 de xaneiro de 2020. O Concello de Viveiro suspende a realización de calquera tipo de actividade ou evento ao aire libre en todo o municipio, procedéndose ademais ao peche do parque Pernas Peón.

O concello toma esta decisión, anunciada nun bando da alcaldesa, María Loureiro, tendo en conta que a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior comunicou que, en previsión desta alerta laranxa, se deben adoptar as medidas preventivas necesarias e no seu caso alertar ou mobilizar os medios e recursos dispoñibles.

A prohibición estará aberta ata que e manteñan as alertas laranxas, principalmente por vento moi forte en toda a Mariña de Lugo. Os refachos poden acadar os 100 quilómetros por hora.

Desde o Concello de Viveiro, solicítase precución nos desprazamentos por estrada na xornada de hoxe.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive