Hai unhas semanas aparecía na primeira dun xornal: ‘Viaxar a capitais galegas en transporte público dende Lugo é unha odisea’. Coido que quen puxo o título non atoparía outro para poñer sobre o mesmo tema dende Ribadeo… a non ser que usara a palabra ‘imposible’.
No interior do xornal, o título era ‘Unha vila (case) incomunicada”, e incluía infografía cos tempos, en tren ou autobús, en chegar ás outras capitais, a cada hora de conexión, e indicando se había enlaces ou non. A (case) incomunicación permitíalle ó xornal desdeñar comunicacións por tren con Vigo por ter mal enlace en Ourense.
Dende a costa vemos esas (case) incomunicacións como un luxo, un auténtico derroche que non podemos permitirnos. Vexamos como exemplo o caso de Ribadeo, deixando á beira do camiño solucións como a que plantea unha empresa de billetes por internet, facer a vixe a Lugo a traverso de bus e tren pola Coruña e Ferrol, ou ben en bus por Ponferrada e Oviedo.
Anda! Se non hai autobuses para ir ó hospital a Lugo! Ben, non é certo, sempre podes ir ata estacion de autobuses de lugo, e logo coller un urbano… e sorrir mentres. E hai ata catro servizos de ida e outros tantos de volta (os días laborables, a partir de hora e media de duración de cada traxecto), que permiten pasar literalmente o día en Lugo. Se tes que ir ó hospital e estás delicado… bueno, iso é ‘algo’ diferente, xa te amañarás para chegar. Por outra banda, se es de Lugo e queres pasar o día en Ribadeo, mellor, procura onde durmir se ves en autobús.
Tren… coido que hai máis dun século que non se propón nin que exista unha vía férrea entre ribadeo e Lugo.
Pasemos á capital de Galicia. Se salgo ás 9 da mañá, podo estar de novo na casa en Ribadeo ás 10 menos cuarto da noite. Quédanme 5 horas e dez en Santiago! Claro que como chega ás 13:20 á estación de autobuses de Santiago, o de facer xestións non está nada doado…
Vale, imos ver á Coruña. Procuro e… xa teño a volta para os días de diario… e a ida? Non aparece!… pensándoo mellor, vou a Ferrol, que si que atopo algo directo de ida e volta, a FEVE: 4 posibilidades de ida e outras catro de volta a diario, todo un luxo que ata me permite estar entre as 10 da mañá e as sete da tarde na ‘cidade departamental’, tras tres horas de viaxe de ida e antes doutras tantas de volta. E de alí á Coruña podo ir ata en barco! Non sei o que durará funcionando a liña Ferrol-Xixón, pero mentres dure, aínda cos contínuos fallos no funcionamento por diversos motivos achacables en xeral á falta de inversión en mantemento, bendita sexa!
Claro que no caso de Ribadeo, extremo norleste da administración noroeste, sempre nos quedan Oviedo ou Xixón… cidades que por algo teñen a Ribadeo na súa esfera comercial, e aínda a pesares doutras tres horas ou catro horas de viaxe segundo o medio de transporte comunitario e horario elixidos, porque si, neste caso, ata se pode elixir!
Unha nota final: Xa non poño nada sobre ir ata Vigo ou Ourense. Por que? Adiviña!




















O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.



