18 de Xaneiro de 2021

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Apaga suspende todas as actividades formativas programadas para as vindeiras semanas e que se ían desenvolver en Ribadeo a na Coruña

17-03-20

 Ribadeo, 17 de marzo de 2020. A Asociación de Profesores de Automoción de Galicia suspende todas as actividades formativas programadas para as vindeiras semanas e que se ían desenvolver en Ribadeo a na Coruña, debido ao estado de alarma decretado polo Goberno do Estado o pasado domingo.
A fin de semana pasada puido dar comezo a formación de Apaga na Coruña. Urbano Fernández impartiu on line o curso de interpretación de esquemas eléctricos os días 14 e 15 de marzo.
Álvaro Doural, presidente de Apaga, explica que “agora toda a programación prevista para vindeiras semanas queda en suspenso. Unha vez que a crise sanitaria que estamos a padecer se normalice tentaremos ver como queda todo e reprogramar as actividades que tiñamos previsto desenvolver ata finais do mes de maio tanto en Ribadeo como na Coruña”.
O Covid-19 tamén está a ocasionar cambios nas mobilidades de alumnado e profesores que se ían desprazar a outros países europeos nas vindeiras semanas e nas visitas formativas que se ían recibir tamén en Ribadeo. Doural sinala que “estamos estes días anulando as mobilidades que ían dar comezo estes meses. Estamos analizando cándo realizalos e barallamos como datas, si fose posible, a partires do vindeiro mes de setembro. Iremos vendo pouco a pouco”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive