04 de Xuño de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

CCOO-Ensino pide a substitución do profesorado que está de baixa para garantir a formación de todo o alumnado

24-03-20

A Mariña, 24 de marzo, 2020. A Federación do Ensino de CCOO de Galicia pide a reactivación do sistema de cobertura de substitucións do profesorado que se atopa en situación de baixa, para así garantir a formación para todo o alumnado. O sindicato lembra que, malia que os centros educativos están practicamente pechados, a actividade lectiva continúa de xeito telemático. O profesorado atende diariamente ao seu alumnado presentándolle tarefas que ten que realizar e facendo un seguimento dese traballo.

Con todo, para que a formación poida ser ofrecida a todo o alumnado, é imprescindible que o sistema de chamamentos de profesorado substituto continúe a funcionar, co obxectivo de cubrir todas as baixas que se produzan. Isto terá que vir tamén acompañado de directrices telemáticas e telefónicas das direccións dos centros para o profesorado substituto, de xeito que a actividade docente non se paralicen en ningún momento.

CCOO-Ensino lembra que, neste momento, hai comunidades autónomas en que non se paralizou a contratación de profesorado substituto, xustamente para potenciar a atención e que a atención docente en liña sexa real e efectiva. «É a única forma de asegurar que todas as nenas e nenos galegos en idade escolar sigan recibindo exercicios e actividades, e que llelas corrixan, así como que as familias reciban directrices para apoiar as actividades dos máis pequenos», sinala Luz Lopez, secretaria xeral da Federación.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive