Burela, 8 de marzo, 2020. O Pescados Rubén Burela FS retomou hoxe a senda triunfal na visita do Sala Zaragoza (4-2) para reforzarse na segunda praza. Custoulles reaccionar ás laranxas, pero souberon reaccionar contra unha defensa pechada que xerou moito perigo á contra e se puxo por diante en dúas ocasións. Vista Alegre quentou motores para o Día Internacional da Muller e a manestación comarcal de mañá en Foz (12.00 horas) coa saída en fair play das pancartas Galega 8M e Sen Coidados Non Hai Vida.
Non empezaron ben as cousas para as burelistas. As mañas adiantáronse xa no minuto 3; Livia superou a liña tras a pugna entre Rafinha e Jozi. Pediu tempo Julio Delgado e avisaron con moito perigo Cilene, de lonxe, e Peque, en rexeite. A 7 laranxa volveu intentalo de volea no 5. No 8, Dedeia a punto estivo de chegar ao segundo pau en contragolpe, e Cristina, no ecuador do primeiro acto, freou unha nova recuperación visitante. Peque non puido gañar a partida na área zaragozana fronte a Suzan no 14, pero si puido facelo Bea Mateos acto seguido para igualar a contenda. Peque, no 16, rozou o pau, e Jenny, no 17, intentouno pola escuadra; estábao merecendo o Pescados Rubén e tivo a oportunidade Jenny en dobre penalti, con gol anulado, a falta de minuto e medio para o descanso. Asediaron as mariñás, primeiro coa lusa e máis tarde con Ale de Paz aínda que sen éxito.
Volveu o xogo ao parqué continuando co dominio mariñán e intensificando o seu monólogo de ocasións pero as de Chus Muñoz conseguiron de novo a iniciativa á contra no 28, con Rafinha. Luci puido recuperar o empate de disparo cruzado no 29 pero fíxoo a maxia de Cilene aos poucos segundos, cun mísil ao segundo pau. Tan só dous minutos despois, por fin, o Pescados Rubén tomou vantaxe con Bea Mateos nun lanzamento que tocou Suzan pero non puido frear. Con cinco e medio para o final, Zaragoza saltou con porteira xogadora. No 37, as burelistas dispuxeron dunha nova oportunidade con dobre penalti para dar maior comodidade ao luminoso pero Suzan interpúxose nas intencións de Jenny. A falta de 1’04” Ale de Paz puxo o cuarto, a pase de Peque, para dar tranquilidade nas filas locais. Jenny aínda dispuxo doutra a porta baleira.
Ficha técnica
Pescados Rubén Burela FS: Jozi, Cristina, Cilene, Peque, Jenny, cinco inicial; tamén xogaron Bea Mateos, Ale de Paz, Luci, Lara Balseiro
AD Sala Zaragoza: Suzan, Livia, Paola, Dedeia, Rafinha, cinco inicial; tamén xogaron Lioba, Jenifer, Sara
Goles: 0-1, minuto 3, Livia; 1-1, minuto 14, Bea Mateos; 1-2, minuto 28, Rafinha; 2-2, minuto 30, Cilene; 3-2, minuto 32, Bea Mateos; 4-2, minuto 39, Ale de Paz
Árbitros: Darriba Vilamor // Vieito Regueira. Por Burela amarela para Bea Mateos (minuto 19). Por Zaragoza amarela a Paola (minuto 24)
Incidencias: Partido correspondente á xornada 23 de Primeira División disputado en Vista Alegre, ante máis de 600 espectadores/as. Durante o descanso a Bomboneira tivo o privilexio de acoller a entrega do Torneo Biberón Fundación Imdecum 2020, coa presenza da base laranxa, AD Santiago de Foz, AD Río Ouro e Ribadeo FS.

























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
