Santiago de Compostela, 24 de marzo 2020.- A portavoz nacional do BNG, e candidata á presidencia da Xunta de Galiza Ana Pontón, insta á Xunta a exercer as súas competencias e iniciar un plan de choque “específico” para protexer ás residencias públicas e privadas de maiores con probas masivas e material de protección para o persoal e persoas usuarias.
Para a portavoz nacional do BNG, a situación detectada en Celenova pon de relevo unha realidade en Galiza moi diferente ao resto do estado e “non vale dicir” que a situación nas residencias galega “non é tan mala como a doutros territorios”, ese, para Pontón, “non é un argumento nin xustifica o que está sucedendo”. O BNG, xa advertiu, “da especifidade dunha poboación moi envellecida en Galiza” polo que urxía un plan de choque con probas masivas e reparto de material de protección para os traballadores e traballadoras das residencias. Non se pode tardar tanto en reaccionar nin tampouco se xustifica o “traslado de responsabilidades entre a Xunta e o goberno do Estado” polo que volve a reclamar do goberno galego o exercicio das súas competencias para actuar con urxencia. Requirimos da Xunta que tome en serio o que está acontecendo nas residencias de maiores e non abandone a un colectivo dos máis vulnerables ao coronavirus. “Xunta e goberno central deben coordinarse” e a Xunta debe “intervir as residencias privadas” para evitar que residencias públicas e privadas sexan un foco de extensión do coronavirus.
Máis protección sanitaria para que o sistema non colapse
A portavoz nacionalista mantivo hoxe dous encontros con representantes dos servizos sanitarios e socias por videoconferencia aos que trasladou o agradecemento polo importante labor que están a facer para “coidar da nosa saúde e das persoas maiores”.
Este traballo, afirma resulta fundamental contra unha crise “sen precedentes como a do coronavirus” e mostrou, outra vez o seu “orgullo” por contar con profesionais con tanta humanidade e calidade en Galiza.
Plan de contratación “digna” para a sanidade pública
Tras analizar diversos aspectos da crise cos representates sanitarios e de Servizos sociais, Pontón asegurou que é necesario que a Xunta “multiplique os seus esforzos” e insistiu en que resulta clave garantir de EPIs a todo o servizo sanitario para que o sistema “non colpase”. O BNG propón máis compras directas e que o tecido productivo galego, que non realiza labores imprescindibles, intensifique a producción de material de protección sanitaria.
Por outra parte, Pontón recalcou que é preciso “contratar máis persoal na sanidade pública” en “condicións dignas” e non con contratos por horas ou días. Desgraciadamente, dixo, a emerxencia sanitaria irá a máis e “non podemos precarizar ás persoas que nos están coidando. Nesta liña puntou que é necesario poner en marcha “un Plan de contratación garantindo a calidade das condicións laborais”.



















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



