05 de Abril de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

“Por un 8M libre de cores”, por Lara Fernández

12-03-20

Cando as mulleres que enarbolan bandeiras violetas e que se proclaman feministas de pro e exemplo a seguir non fan máis que querer afundir, desacreditar e, sobre todo, amosar unha imaxe totalmente distorsionada doutra muller, como se poden denominar? Hai falsas feministas que, en vez de predicar co exemplo, aleccionan pero non exercen esa SORORIDADE que tan ben lles queda na boca e para elas esa relación de solidaridade entre as mulleres, especialmente na loita polo seu emponderamento, quédase simplemente niso, unha palabra moderna pero carente de total posta en práctica.

Eu non darei nomes, non sinalarei a ningunha muller, por que non deberían existir guerras partidistas movendo ficha con temas tan profundos e vitais como é o 25N e o 8M. Cada muller sabe de onde vén e a onde vai.

Pero aquelas que se senten perfectas e exemplares tiran por terra o traballo de miles de mulleres que se uniron e liberaron do xugo da loita en soidade.

Practicar a resiliencia é unha terapia acertada e nutrirse e escoitar todas e cada unha das voces do feminismo, estemos ou non acordo, é sen dúbida CRECEMENTO PERSOAL E COLECTIVO.

Eu non vou a definirme como unha erudita en feminismo, por que mentiría, pero son unha loitadora incansable e, sobre todo, unha persoa educada e humilde que aprende e crece dos erros.

Non irei a Foz por que TRABALLO, por que hai mulleres que traballan os domingos, moitas… e teñen dereito a manifestarse alí onde queiran e desexen, pero espero que sexa unha marcha MULTITUDINARIA, unha marcha de mulleres que aman e respectan a outras mulleres.

… A todas, libres de cores.

Lara Fernández Fernández-Noriega
Concelleira de Cultura e Muller

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive