05 de Abril de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

“Que dificíl”, por Xoán Carlos Piñeiro

20-03-20

Prodúcese un dilema, diante da situación de pandemia, para aqueles que facemos política e que representamos un proxecto de sociedade ideolóxico. Cal é a actuación correcta neste caso? Unha decisión difícil que encontra coa moral e a propia acción política que moitas das veces é oportunista Supoño que cada quen terá unha opinión, válida e matizable, pero coido que soamente un camiño é o de recibo: sumar.

Un pequeno inimigo, o COVID-19, nome do que unha xeración non vai esquecer; veu a romper a normalidade da nosa vida e sobre todo da nosa convivencia como pobo e como sociedade. Tan implacable nese senso que rematou por cambiar a actualidade tanto que incluso afecta á celebración das eleccións en Galicia e en Euskadi. Sempre pensei que as eleccións, o propio proceso, iguala as persoas no sentido en que os votos contan todos por igual, imaxinade o alcance das accións cando se anula unha convocatoria electoral, sen precedentes.

Neste senso a clase política ten que reformular, ou cando menos eu si, como actuar. Pero tamén é certo que eu solo albisco un camiño válido, o consenso e a disciplina. O Decreto do estado de alarma é unha situación anómala de suspensión de moitos dereitos e mecanismos, esa é a súa razón mais era preciso. Evidentemente opinable, mais non agora, ao seu momento e por iso paréceme moi importante o anuncio de Sánchez dunha comisión para valorar á acción do goberno neste senso, espero non fique en proposta e sexa realidade, será ese o momento de propoñer e de mellorar e sobre todo de aprender para casos futuros.

Agora tense que parar a máquina política no relativo a esta situación, entendese. Non son moi efectivos os anuncios das forza políticas, dicindo eu faría tal ou cal. Mais que nada porque son accións estériles e que non favorecen o cumprimento colectivo do que se está a demandar. Tampouco que o goberno use, ou a lo menos unha parte a situación como altofalante de posicións políticas.

Si é certo que ten que continuar a misión de fiscalizar aos gobernos, pero fagamos iso cando a situación sexa normal e se poda facer política. Sentidiño e unidade ten que ser a liña de acción concreta, porque moita xente o esta a pasar mal e o horizonte futuro dos cambios que chegarán son incertos.

Piñeiro Docampo
Sº XERAL DE CxG
MEMBRO DO CONSELLO DO PARTIDO DEMÓCRATA EUROPEO

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive