30 de Setembro de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A Deputación súmase ao minuto de silencio en memoria das persoas falecidas a causa da COVID-19

27-05-20

A voceira provincial socialista, Pilar García Porto, o Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, e a Deputada de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Ana González Abelleira, participaron este mércores diante da Subdelegación do Goberno en Lugo no minuto de silencio convocado a nivel estatal no primeiro dos dez días de loito oficial decretados en memoria das persoas falecidas como consecuencia do coronavirus COVID-19. As bandeiras do Pazo de San Marcos ondearán a media hasta ata o vindeiro 6 de xuño, período establecido polo Consello de Ministros como loito oficial.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive