12 de Xullo de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O Concello de Viveiro pon en marcha unha campaña online para activar o turismo nesta campaña de verán

28-05-20

 Viveiro, 28 de maio, 2020. O Concello de Viveiro lanza a partir de hoxe unha campaña en redes sociais para dar a coñecerse a nivel nacional como un destino seguro. Para isto contou coa axencia de márketing dixital de Lugo estati. co que realizou un anuncios e varias creatividades baixo o slogan Asómate a Viveiro.
A idea a de campaña é mostrar os espazos abertos e as diferentes posibilidades de turismo seguro que ofrece Viveiro para gozar sen problemas dunha estancia este verán.
O anuncio e nas imaxes que acompañan a campaña suxiren as distintas posibilidades que ofrece Viveiro tanto se se viaxa en familia, en parella ou só; as diferentes opcións de aloxamento, desde hoteis de 5 estrelas a casas rurais pasando por apartamentos individuais; e as diversas opcións de turismo que ofrece un municipio como Viveiro: natureza, praias, historia ou gasrtonomía
Para a voz do anuncio contouse coa actriz lucense da Mariña, Rosalía Castro, que participou en series como Serramoura ou O Comisario e obtivo o Permio a Mellor Actriz no OUFF de Ourense 2018 polo seu traballo en Mouras.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive