“Que fermoso país
pero que carallo de xente.”
Laxeiro
Notas:
1.Calquera parecido coa realidade pode ser real.
2.Ribabebo é unha marca rexistrada por Chenchu.
Caciquia é unha terra de excepcional beleza, cunha maldición encerrada nalgunha xente que a habita. As mostras de ambas cousas rezuman aló onde se mire.
Non todo o bo nin o malo que ten é endémico da terra, pero hai veces que está tan ben adaptado, que o parece. Así, os políticos parecen ter a mesma teima que noutros lugares e tempos: queren que a xente renegue das eleccións, deixando que sexan un absurdo e baleirándoas de contido e sentido. Pero a súa mestría é lendaria. Queren saber a última?
A ver, non é nin a máis importante, nin a máis difundida, njn a máis elaborada, aínda que pode ser das máis dramáticas, pero é un exemplo máis. Imos aló.
Resulta que entre as máis belas partes da excepcional Caciquia hai unha, na costa norte, que se enfrontaba con certa tranquilidade a un azote mundial, un virus que, o mesmo que o virus do odio ou o da desinformación se mete nos miolos a traverso dos medios e redes sen que moita xente se aperciba, este, tan pequeno el, invade sibilinamente dunha a outra persoa, e, segundo como teñas o corpo, pode desde facerte morrer a pasar sen enterarte. Ben, cando todo o entorno estaba desconfinándose, esa costa, onde se atopa Ribabebo e comarca, eran vistos como o paraíso: bo clima de verán, bos servizos, boa xente, non moitas aglomeracións… e claro, foi xente. Moita máis aínda da que xa fora cando non podía. Normal.
No novo ambiente, as formas relaxáronse, e… aumentaron os casos. Dicían que non moito moito, pero si abondo como para pensar que a cousa ía demasiado á présa.
E anunciouse que se ía pechar a comarca. Anunciouse pero non se fixo ata abondas horas despois, para que á xente lle dera tempo a espallarse e espallar por fóra o que xa se estaba a espallar por dentro. E é curioso: anunciouse o peche para os días laborables da semana. Só. Polo que parece, as finde están blindadas ó contaxio e o período de incubación da enfermidade debeu reducirse de xeito máxico a como moito eses cinco días. Dixen xa que que na finde seguinte habí eleccións previstas? Non, creo que non o dixen. Pero non debe ter importancia, non? Como tampouco deben tela cousas como que é precisamente na finde cando se recibe máis xente de fóra da comarca ou se producen maiores aglomeracións dentro e fóra dos locais de consumo nouturno, restrinxido durante eses días laborables.
O caso é que a comarca pechouse. Non importa que a case totalidade dos casos estivera concentrada nuns poucos lugares, a subzona hospitalaria (na prensa caciquiana din ‘zona’, pero non se decatan, nin os medios nin o goberno, de que foi engulida pola zona hospitalaria da capital, que para iso é capital) queda pechada para todos. Aquí non hai ‘customized production’, senón Ford modelo T de calqueira cor, sempre que sexa negra. E é que dentro dasubzona a xente pode moverse: non fai falta protección extra, despois de infestada -a lembrar que ‘o virus non naceu aquí’-.
O mesmo día do anuncio, comezaron a difundirse infografías, vídeos, esquemas… coas medidas antes de que saíran as 23 páxinas de boletín oficial extraordinario nas que se especifican. O normal é que haxa abondos erros nesas ‘prenovas’, non? Pois iso. Hóuboos.
Tamén, facendo un pequeno cálculo, saen a case cinco páxinas de boletín caciquiano por día. Algo moito para que a xente se entere, non?
Pero, razoando así, os Caciquianos entran por onde queren os seus caciques, (así se chaman nesa terra os que fan favores e se desfán en conseguir o favor do voto) que consiste en opinar se unha medida é así ou asá, máis que se ten ou non apoio lóxico cos datos dispoñibles. E aínda máis, que se é lóxico impoñer as medidas do xeito que se fai en Caciquia, formalmente unha democracia que se ten queixado -e moito- da falta de democracia de quen detenta o mando no estado no que está.
Non, non, non vou seguir contando o conto. Porque nese lugar, moi moi achegado, a historia está en curso, e non se sabe nin que vai pasar co dereito da xente confinada a participar nas eleccións (entre outras cousas, o voto por correo xa pechou, e cónstame de que noutras eleccións previstas para meses atrás, moitos sobres non chegaron). E pode que antes de que alguén vexa este escrito, teñan variado as medidas (xa se sabe, incubación de xeometría variable), mesmo xa se teña ampliado o prazo de aplicación. Aínda que polo que teño entendido, a versión que predomina nos mentideiros é que rematarán de pechar por dúas semanas, pero despois das eleccións.
Así pois, pareceranos raro que a niveis administrativos inferiores, ata o nivel local, pasen cousas de carácter máis reducido, pero non menos absurdas? Haberá que poñer máis exemplos: parece que sabemos moi pouco de Caciquia e os seus pobos.




















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



