13 de Agosto de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Faro Norte Comunicación editou unha portada especial de A Gaceta Ribadense nos días nos que tería que celebrarse o VII Ribadeo Indiano

11-07-20

 Ribadeo, 11 de xullo de 2020. Faro Norte Comunicación editou unha portada especial de A Gaceta Ribadense nos días nos que tería que celebrarse o VII Ribadeo Indiano.
Titúlase “Pensando no 2021” e quere render unha homenaxe especial a hostaleiros e comerciantes nun ano que está a ser moi duro para todas e todos eles.
Faro Norte Comunicación agradece o apoio de todas as firmas de Ribadeo e da súa contorna e das institucións colaboradoras para que A Gaceta Ribadense saíse á rúa: “todos queremos pasar páxina canto antes a este ano que estamos a vivir e poñer a ilusión e a esperanza no 2021, no que agardamos compartir con todas e todos vostedes o Ribadeo Indiano e unha nova edición deste xornal”.
Desde Faro Norte Comunicación dan as grazas “a cada un dos articulistas que ano tras ano nos deleitaron coas súas historias, coas súas colaboracións, sobre a emigración. Queremos ter nesta ocasión unha lembranza especial para Antonio Fernández, que nos deixaba hai uns meses”.
E engaden: “grazas tamén aos nosos especiais repartidores e repartidoras de A Gaceta Ribadense, que cada venres do Ribadeo Indiano no desembarco no porto lles achegaban a todos vostedes esta publicación”.
Faro Norte Comunicación distribuíu esta portada especial de A Gaceta Ribadense entre medio cento de empresas e tamén entre os articulistas colaboradores. A páxina pode verse nas redes sociais de Faro Norte e tamén na guía de ocio dixital www.faroocionorte.com

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive