13 de Agosto de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Os populares contrastan os máis de 77M€ en liñas de axuda do Goberno Feijóo ao sector pesqueiro tras a pandemia fronte a falta de apoios do Goberno central

10-07-20

 A Mariña, 10 de xullo, 2020. A cabeza de lista dos populares lucenses, Elena Candia, acompañada dos candidatos Rosa Quintana (actual conselleira do Mar), José Manuel Balseiro e do voceiro do Grupo Municipal Popular de Viveiro, Óscar Rodríguez, mantiveron esta mañá un encontro por videoconferencia con representantes de Porto de Celeiro e da confraría de pescadores desta localidade viveirense.

A xuntanza serviu para salientar a batería de apoios postos en marcha pola Xunta de Galicia ao sector pesqueiro galego en contraste coa falta de axudas procedentes do Goberno de PSOE e Podemos. De feito, nas últimas semanas o Goberno Feijóo vén de impulsar liñas de axuda por importe de 77 millóns de euros.

Entre os máis recentes, a posta a disposición das confrarías e de lonxas dunha liña de apoios específicos para paliar a caída de ingresos durante a crise do coronavirus, como consecuencia da menor demanda de produtos do mar e do peche da hostalería e, hoxe mesmo neste ámbito, coa publicación de axudas para os buques pesqueiros con porto base en Galicia e ás redeiras que permaneceron en activo ao obxecto de compensar a perda de ingresos como consecuencia da pandemia.

SEGURIDADE XURÍDICA
Por outra banda, o Partido Popular insistiu na importancia de dar seguridade xurídica ás concesións en espazos costeiros. Neste senso, amosou a súa preocupación pola reforma que o Goberno central promove da Lei de Costas. Os populares explican que están en serio risco 250 postos de traballo directamente vinculados á continuidade das concesións que a nova normativa pode recortar na súa duración, facendo inviables os proxectos en marcha.

Por último, desde o PP tamén destacaron os últimos investimentos en apoio ao sector pesqueiro da zona, en particular, os dragados das dársenas de Celeiro e Viveiro ou as melloras no peirao celeirense.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive