Xa se nota que ao Sr. Pillado lle queiman, como se botara sal nunha ferida aberta, as verdades que dicimos dende o PP. Por algo será.
Será porque non traballou o suficiente como para revisar minuciosamente o informe de adxudicación da mesa de contratación do servizo da recollida de lixo e ver as graves deficiencias que nós detectamos.
Será porque por iso, por non traballar e lerse o mencionado informe, agarrouse a un cravo quente, o informe de secretaría, (hai que ter máis valor, Sr. Pillado) para xustificar a súa abstención.
Será porque ten remordementos de conciencia porque por non ter feitos os deberes que lle correspondían nese momento e por esa abstención vén de propiciar o incremento do prezo anual da recollida de lixo e da limpeza viaria nada menos que en 156.000 €.
Será porque non é capaz de explicar os motivos reais de tal abstención (que lle ofreceu o Sr. Llano, Sr. Pillado) e agora vese na obriga de auto xustificarse pedindo melloras na recollida de lixo e da limpeza viaria.
Será porque o BNG predica a xestión directa dos servizos municipais, pero logo aproba as privatizacións como aconteceu hai pouco en Sarria (xa, xa sabemos que Sarria non é Burela, pero tampouco o son Catoira ou Viana do Bolo) ou se abstén para favorecelas, como fixo en Burela. En Burela, Sr. Pillado, nin en Sarria, nin en Catoira, nin en Viana do Bolo.
Será que tamén se abstivo na aprobación do presuposto, do peor presuposto municipal da historia do concello, cun investimento real que non chega aos 200.000 €.
O certo é que vostede, Sr. Pillado, ou se abstén directamente para que saian adiante os despropósitos do Sr. Llano ou en contadas ocasións suxire unhas leves modificacións para xustificar ese apoio indirecto tratando de lavar así a súa cara fronte aos veciños e veciñas de Burela ou ben perde a timidez e a vergoña e apoia sen ambaxes o mundo ao revés do Sr. alcalde.
Será por iso, Sr. Pillado, que cos antecedentes indicados vostede non pode considerarse oposición. Se oposición é apoiar, aínda que sexa coa abstención, o peor para Burela, vostede debería pensar seriamente o papel que está a xogar na corporación. Máis aínda logo de non querer sentarse diante dunha mesa con boa parte dos veciños e veciñas de Burela, democraticamente representados polo PP, para falar das cousas que había que falar antes da investidura do alcalde, o que demostra uns enormes prexuízos ideolóxicos impropios de alguén que se presenta á alcaldía dun pobo coma Burela. Xa lle adiantamos que nós seguimos dispostos a falar con vostede e co seu grupo das cousas importantes para Burela, cando o considere oportuno, e das non tan importantes aínda que só sexa para intercambiar impresións.
Por todo iso, Sr. Pillado, non pode darlle leccións a ninguén. O sal dese apoio sistemático, directo ou indirecto, ao goberno do Sr. Llano tamén lles queima aos seus votantes, non o dubide.
GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO POPULAR DE BURELA





















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



