Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2020. A Federación do Ensino de CCOO de Galicia cualifica de «catastrófico» o comezo do curso escolar, o pasado día 10, en educación infantil e primaria. A masificación nas aulas —con moitas unidades que superaban os 25 nenos e nenas— e a falta de profesorado e de persoal de limpeza complicaron aínda máis a situación, que xa se prevía difícil por mor do contexto sanitario.
Debido ás múltiplas eivas, a maioría dos sindicatos do ensino convocaron folga para o 10 de setembro, ao que a Consellaría respondeu fixando uns servizos mínimos «desproporcionados» e facendo un «boicot lamentable» ao exercicio dun dereito fundamental.
A presión dos sindicatos, pero tamén dos equipos directivos dos institutos, polos constantes «bandazos» da Consellaría de Educación no tocante ao protocolo COVID, obrigaron a Administración a atrasar unha semana o comezo do curso en educación secundaria: do 16 ao 23 de setembro.
Neste punto, CCOO-Ensino cualifica de «mentiras» os argumentos da Consellaría para adoptar esta decisión. Segundo o departamento autonómico, o novo prazo é necesario para garantir os desdobramentos nas aulas masificadas; porén, as instrucións da inspección educativa instan a que se utilicen anteparos de separación para non ter que desdobrar unidades. Deste xeito, «atopariámonos con aulas de trinta ou máis alumnos e alumnas», alerta o sindicato.
Sexa como for, CCOO-Ensino asegura que «o día 23 haberá igualmente problemas no comezo do curso en secundaria», xa que vai ser «imposible» dispor a tempo de todos os anteparos precisos.
O sindicato anima os equipos directivos a denunciaren os casos en que se lles neguen os desdobramentos. «Entendemos que desdobrar é o que indica o protocolo, para o cal, en consecuencia, cumprirá aumentar profesorado», sinala CCOO.
Folga o día 23 de setembro
Desde a Federación do Ensino de CCOO conclúen que estamos «ante a peor xestión posible dun inicio de curso escolar», cunha conselleira destituída a tres días da volta ás aulas e un revezamento completo na cúpula da Consellaría. Agora, o comezo de curso en secundaria adíase polos cambios de criterio da Administración e milleiros de docentes non saben onde impartirán aulas este ano.
Por todo isto, CCOO-Ensino explica que a convocatoria de folga tamén varía a súa data e será o día 23 de setembro, cadrando co comezo do curso na educación secundaria.





















Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



