27 de Novembro de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

As monitoras de Gaia, do Concello de Burela, estiveron este luns cos alumnos de 4° de Primaria do CEIP Vista Alegre traballando sobre o aforro enerxético

16-11-20

Fixeron varias actividades: visualización dun vídeo sobre como aforrar enerxía na habitación; charla en formato power point con consellos enerxéticos aplicables no día a día; vídeo sobre como acadar unha vivenda autosuficiente; experimento sobre enerxía e xogo La carrera por el clima, que é un formato como o da Oca pero con temática enerxética. As monitoras de Gaia explicaron que “mañá, martes, será cos alumnos de 5° cos que traballaremos os tipos e fontes de enerxía, e o mércores co alumnado de 6° abordaremos a contaminación derivada do consumo enerxético”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive