27 de Novembro de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Barreiros súmase por segundo ano consecutivo á campaña “En Negro Contra as Violencias”

20-11-20

 Barreiros, 20 de novembro de 2020. O Concello de Barreiros ven de anunciar que se suma neste 2020, e por segundo ano consecutivo, á campaña “En Negro Contra as Violencias”. Unha campaña iniciada polo Concello de Santiago no ano 2015 e que, a día de hoxe, involucra a múltiples administracións, colectivos e empresas dentro e fóra de Galicia.
A edila de igualdade, Montse Porteiro, sinala que “estes días enviouse unha misiva ás empresas e entidades colaboradoras no 2019 para ofrecerlles asesoramento, material e cartelería sobre a campaña -Barreiros En Negro-“. A concelleira apunta que “as entidades, a veciñanza, e todo aquel que desexe participar na campaña, pode poñerse en contacto co Concello no telf. 982.124.002 onde se lles informará dos pasos a seguir.
Desde a concellería de igualdade estanse a idear diferentes actos para conmemorar o 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.
Este día, o 25 de novembro, leráse un manifesto na Praza do Concello ás 12:00 horas. Este ano, por mor dunha pandemia que afecta a todo o mundo, os eventos ideanse nun entorno de distanciamento social, o cal non debe repercutir en darlle visibilidade a esta -lacra machista- que segue viva en pleno século XXI.
Montse Porteiro reflicte a necesidade de “comezar desde as idades máis temperás a inculcar condutas baseadas na tolerancia, na diversidade e no respecto a todas as persoas, desbotando da sociedade estereotipos patriarcais que impiden avanzar na igualdade real entre homes e mulleres”
Dende o Concello de Barreiros animan a participar nos actos dunha maneira visual e responsable.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive