25 de Xaneiro de 2021

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Dentro dos actos programados con motivo do Día Internacinal da Violencia de Xénero, este venres a delegación de Muller e Igualdade en colaboración coa concellería de Educación e da asociación Mulleres en Igualdade de Cervo, instalou un Punto Lila de sensibilización contra a violencia manchista no mercado semanal de San Cibrao, na Praza dos Campos

26-11-20

Repartíronse máscaras e lazos morados, cor símbolo desta loita, e chapas con diferentes lemas en contra desta lacra e en apoio de todas esas mulleres que a padecen ou padeceron: “Cervo non tolera a violencia de xénero”. “Non é querer moito, é querer ben”. “se o amor aperta non é da túa talla”. Ás 12:00 horas gardouse un minuto de silencio por todas as vítimas. Ademais, durante toda esta semana diferentes edificios públicos (Casa do Concello, Casa da Cultura, Ruínas das fábricas de Salgadura, Escolas Vellas de Cervo e a fonte do parque Reina Sofía) permanecen iluminados de morado, cor que simboliza a loita contra esta lacra.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive