Viveiro, 26 de novembro de 2020. O Concello organiza, un ano máis, o tradicional belén “Viveiro ante o berce” no atrio da Igrexa de Santa María. Este belén está considerado como un dos máis importantes de Galicia, destacando pola súa beleza, a dimensión das súas pezas, a extensión do conxunto do propio belén e por estar instalado nun enclave histórico-monumental único. O belén poderá visitarse a partir da primeira semana de decembro.
Polo tanto, o belén “Viveiro ante o Berce” pode considerarse como un dos referentes do Nadal galego e constitúe un importante reclamo turístico e cultural para o municipio. A súa relevancia atrae a unha gran cantidade de visitantes, o que supón un impulso económico destacable para a economía local.
O goberno municipal entendeu dende un primeiro momento que a organización do belén neste 2020 era, se cabe, máis importante que nunca. A pandemia, así como as medidas e restricións derivadas da mesma, están afectando á economía, polo que esta iniciativa era clave para paliar os efectos do contexto sanitario.
Este factor dinamizador da economía local determinou, xa dende hai algúns anos, que o Concello de Viveiro decidise adiantar a inauguración do belén á primeira semana do mes de decembro. Polo tanto, ampliouse o período de apertura ao público, que se prolonga ata despois da festividade de Reis. Dita modificación tivo unha boa acollida xa que, segundo manifestan o comercio e a hostalaría local, inflúe positivamente na afluencia de veciños e visitantes.
Cómpre destacar que o Concello de Viveiro organiza o belén “Viveiro ante o Berce” en colaboración coa Deputación de Lugo, que financia integramente a súa montaxe, responsabilidade da Asociación Amigos do Casco Vello.
Por último, o Concello de Viveiro anunciará en breve a programación cultural na que traballa de cara á celebración do Nadal. Segundo o equipo de goberno, tratarase dun conxunto de actividades nas que se tiveron en conta as restricións impostas pola COVID-19, procurando ofertar alternativas que sirvan para potenciar o municipio e compensar o peche que está a afectar á hostalería.






















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



