20 de Xaneiro de 2021

Correo | Favoritos  | Imprimir   

I Concurso de Fotografía “Neve en Muras”

12-01-21

 Muras, 12 de xaneiro, 2021. O Concello de Muras convoca a 1ª edición do concurso fotográfico “Neve en Muras”.
1. PARA PARTICIPAR.
Os concursantes subirán as fotos nevadas de paisaxes, patrimonio, contorna de Muras a Facebook, co hastag #neveMuras. Terán de PRAZO ata o 17 de xaneiro. Non poden ser fotos retocadas nin nas que se teñan usado filtros. Tamén deberá especificarse a localización da imaxe tomada. Máximo 2 FOTOS por persoa.
2. VOTACIÓN.
Os/as gañadores/as serán escollidos por votación popular mediante a suma de “gústame” nas imaxes que colgaremos no muro + voto do fotógrafo Marcos López Alonso + voto de fotógrafo de Xaora Fotógrafos.
As fotografías gañadoras quedarán para uso do Concello de Muras. Pero respetarase a integridade e autoría da obra.
3. PREMIOS.
Haberá tres premios de 100 euros cada un, todos coa mesma categoría. Serán vales a gastar nos locais e establecementos do Concello de Muras. (Se o gañador fose menor de idade non poderá adquirir bebidas alcoólicas nen tabaco).

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive