20 de Xaneiro de 2021

Correo | Favoritos  | Imprimir   

UGT-FICA-Galicia saúda a decisión de Alcoa de sentarse a negociar a súa venda

05-01-21

 Santiago, 5 de xaneiro de 2021. A Comisión Executiva de UGT-FICA-Galicia saúda a decisión de Alcoa de acceder a negociar de novo unha posible venda, aínda que mantén a prudencia, agardando que desta vez a factoría da Mariña si teña unha verdadeira intención negociadora que permita que se acade o obxectivo final da venda e darlle así solución ó futuro da fábrica, ó emprego e, en definitiva, ó futuro dunha comarca que se atopa nunha situación realmente complexa.
Para UGT-FICA-Galicia, a decisión de Alcoa é froito da presión, traballo e mobilización dos traballadores da factoría, de toda a sociedade da Mariña, dos sindicatos e dos seus servizos xurídicos. Todos estes actores xogaron un papel fundamental para chegar ó punto no que nos atopamos a día de hoxe, abríndose un novo escenario negociador que podería conducir a unha solución definitiva para Alcoa, a súa venda. Neste senso, UGT-FICA-Galicia destaca que algún dos actores implicados neste conflito tamén traballou na achega dun posible comprador para a factoría que garanta o seu futuro.
Coa apertura deste novo escenario, tócalles de novo ós actores desta crise, traballadores e os seus representantes e administracións, Xunta e Goberno central, retomar a tensión negociadora e, desta vez si, intentar chegar a un bo fin.
Finalmente, UGT-FICA-Galicia insiste en amosar o seu agradecemento ó traballo e sacrificio dos traballadores de Alcoa nestes últimos meses, á cidadanía da Mariña pola súa capacidade de mobilización e ós sindicatos e ós seus servizos xurídicos que estiveron sempre aí na busca dunha solución.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive